domingo

IES de Monterroso

Hai un par de días tiven un encontro moi especial. Desta volta tocoume xogar na casa ;)

O alumnado de 2ºESO do Club de Lectura do IES de Monterroso, tras ler "O agasallo de Anya" no seu instituto, visitaron o da Pontenova para realizar un intercambio entre a Ulloa e a Mariña. Participaron en numerosas actividades lúdicas, deportivas e tamén culturais. Unha delas consistiu nun encontro comigo na Biblioteca do noso centro. Alí os recibín e alí mesmo falamos de Xiana, Anya, a vida en Ucraína, os proxectos solidarios, as súas inquedanzas, curiosidades, as miñas... 

Foi un novo encontro sumamente gratificante para min e do que non teño moitas fotos, pero si un gran recordo gravado, para sempre, na miña memoria. 




GRAZAS!!

Ningún comentario: