sábado

No CPI de Cospeito e no CEIP de Castro!!

Se a semana pasada estiven con dous grupos de alumnado de 5º de primaria nun colexio de Vigo, esta semana tiven a sorte de compartir tempo e espazo con outros dous grupiños. Desta volta foi alumnado de 6º curso de dous colexios chairegos.



O mércores a primeira hora da tarde estiven no CPI Virxe do Monte de Cospeito cos dezaoito nenos e nenas da clase de 6º e a súa titora Cova. Tan só unhas horas despois, en canto soou o timbre ás 9.15h para iniciar a xornada escolar no CEIP Veleiro do Campo de Castro Ribeiras de Lea, compartín aula coas vinte e cinco alumnas e alumnos tamén de 6º curso e o seu mestre, Cabe.

Tanto nun colexio como no outro, nunha aula coma na outra, resultou ser  unha experiencia moi enriquecedora e gratificante. Tamén tanto nun lugar coma no outro, preguntáronme por unha segunda parte de “O agasallo de Anya” e con eles quedei en que nesa posible continuación sería bo que se coñecesen Xiana e mais Anya, viñesen vivir á Terra Chá e estabamos seguras de que as dúas se apuntarían ao Equipo Feminino de Fútbol Sala de Castro para xogar con parte das nenas alí presentes. Seguro que si!






Con ese soño, con esa gran ilusión, despedinme deles moi contenta e agradecida, coma sempre, polo moito que me aportan estes encontros coas lectoras e lectores desta noveliña.

Moitas grazas!!!

8 comentarios:

Unknown dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
Unknown dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
Unknown dixo...

Oxe o meu fillo Óliver trouxome o teu libro para que eu o lera, xa o lin, todo dun tirón, e quedei con ganas de saber mais sobre historia de esas dúas rapazas. Noraboa polo éxito do libro e grazas por acercarlles os nen@s esa realidade, grazas tamén a Cova por ese agasallo. Esperamos unha nova historia… ..bks

Unknown dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
Unknown dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
Unknown dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
Unknown dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
Sabela dixo...

Moitas grazas, Mónica por achegarte por aquí e polas túas palabras. Non sabes canto me alegra saber que che gustou "O agasallo de Anya"!

Unha aperta grande e outra para Oliver, foi moi agradable para min estar con el e cos seus compañeiros e compañeiras aquela tarde.
Grazas tamén a Cova, por suposto!