domingo

Asinando en Librería Amorín

O pasado venres estiven na Librería Amorín de Castro Ribeiras de Lea, foi unha tarde moi entretida que compartín con varias nenas e nenos que leron, ou están lendo, "O agasallo de Anya". Viñan moi ilusionados co seu exemplar para poder gardalo asinado por min.


Houbo tempo para asinar, tomar algún bombón e, sobre todo, para conversar con María e ver como animaba a ler ás persoas que se achegaron aquela tarde á súa librería. 
Para min foi moi agradable estar entre tantos libros e dedicarlles "O agasallo de Anya" a Unai, María, Hugo, Alexia, Cristina, Laura, Sandra, Alessandro, Hugo-Bryan... e algún que outro máis dos que non lembro o nome, pero si a súa cariña de ilusión. 




 Grazas!!!

Ningún comentario: