mércores

Parabéns ao CEIP Monseivane

Hoxe quero felicitar, dar a miña máis sincera noraboa ás nenas e nenos do CEIP Monseivane de Vilalba cos que, arredor do día do Libro, pasei unha tarde fantástica.

Xa aquel día me ensinaron o periódico que estaban facendo para participar nun concurso que organizaba El Progreso e mesmo me fixeron unha entrevista para que formase parte del.
A min encantoume e penso que, aínda que non gañaran, xa tiña merecida a pena todo o traballo e aprendizaxes que fixeron grazas sobre todo ao inxente traballo que a súa mestra Irene desenvolveu con eles.

Pero... resulta que hoxe na prensa entérome de que son un dos colexios gañadores. Que gran alegría levei!!


PARABÉNS!!

E para que vexades que grandes xornalistas son, ofrézovos tamén a reportaxe que fixeron a raíz da miña visita ao seu colexio e que me fixeron chegar naqueles días do mes de abril. 

GRAZAS!!


Ningún comentario: